Me sabe mal
"Me sabe mal"... así me dixo Marcos que pensaba titular a anotación anterior, pero ó final raxouse...
:-D
"Me sabe mal"... ésa é a primeira frase que lle digo cando me contesta ó teléfono, despois de que eu estivera voando ou me fóra por ahí de paseo de cross, e él, por unhas ou por outras razóns, non puidera voar...
"Me sabe mal"... e un escalofrío percorre a súa espalda, mentras pensa: "Este grandísimo... (codificado)... a ver que me conta, e por riba eu non puiden voar..."
Pois hoxe Marcos pensou en devolvermas todas xuntas, con unha anotación na que contara o ben que se voara, e que eu por riba, aínda que non o creades, non estaba, e que se titulara "Me sabe mal"
:-D
pero que eu sepa non dixen aínda se voei hoxe ou non...
RESPOSTA: Prema aquí.
:-D
Bueno, pois con esto e un biscoito, deica mañá ás oito.
Pd: ¿Qué aprendemos hoxe?
- Que si estás debaixo dunha rúa de nubes, non te saias, esa altura vaiche facer falta para o seguinte apoio no monte de San Xurxo, se queres chegar a Doniños dende Ponzos.
-Que si decides irte de Cross a intentar chegar a Doniños dende Ponzos, a primeira intención de ir recto hacia o monte pode ser a correcta, e si eres un cagón coma min e dudas si será boa idea porque a ladeira está chea de eucaliptos e cables de media tensión, o máis seguro e que che falte altura e teñas que aterrar entre Esmelle e San Xurxo.
- Que a percepción de onde te atopas dende un parapente, sen mirar o Gps soe ser errónea (eu pensaba que estaba máis preto de Cabo Prior que de Ponzos e resulta que apenas me movera). Aplicamos aquí o primeiro que aprendemos: Aínda que a rúa de nubes parece que se acabou e xa a aproveitaches... si estás ascendendo, ¿para qué te saes, cabezón? Ó mellor aínda sigues a ascender, e sempre vai ser máis fácil avanzar un pouco máis e voltar co vento en cola.
- Que a técnica Yoyó voulla deixar a Javier Escobar, que hoxe sacou o máster en ascensor... nas feiras hai atraccións que se moven menos...
- Que aínda que Diego non ande por alí, non implica necesariamente que ese día non voara, ó mellor o coche anda preto, aínda que él xa non esté por alí... Remítoma aquí ó enlace de antes (Prema aquí) e quero darlle as gracias a Alfonso por virme a buscar así como a todos os que se ofreceron a virme buscar: Moitas gracias a todos pola paciencia que tedes conmigo.
Resumindo que "me sabe mal"
:-D
:-D
Un saludiño.
A propósito, creo que aínda non comentei que onte estivemos facendo unhos vuelazos con vento forte: Javier Escobar abrindo camiño e botándolle un par (aínda que fora xornada electoral botoulle con b un par, descoñezo se tamén votou) ó meterse debaixo dun monstro moi escuro que sobrevoaba Ponzos, de volta da ladeira e acantilados que hai camiño de Campelo... Javier Torrón tamén fixo un pequeno voo a última hora despegando dende abaixo, pero enseguida lle subiu o vento e tivo que aterrar... e un servidor que chegou ata a praia de Campelo e tivo que voltar co acelerador a tope. Lástima que enriba de Valdoviño houbera uns desarrollos impresionantes, pois tanto Javier Escobar coma min íamos coa idea de tentar chegar ata o monte da Vela e pasar a Valdoviño... Outra vez será. (de isto non teño o track do Gps, pois andaba voando sin él, porque tiña as baterías baixas e non tiña onde metelo pois ía en plan campeón cun simple chándal) Chándal voando=frío seguro nada máis despegar.
chúzame -




Leave a comment