Parapente en Ferrol (Galicia) » Page 'Voos movidiños…'

Voos movidiños…

Esta tempada seguimos a voar, aínda que non o teñamos reflexado no blog...

Este fin de semana, por exemplo, andivemos repartidos por diversas zonas de voo. O sábado voouse en Ponzos, sobre todo no despegue inferior, o nor-nordés, pero estaba un pouquiño forte e un pouco movido, alomenos cando voei eu, xa de noitiña, pois non puiden antes por diversos compromisos atléticos. De todas formas fixen tres voos curtos con aterraxe arriba.

Teño entendido que durante o resto do día estivo mellor, e incluso fixo o seu primeiro voo Tino (Noraboa!), un alumno que veu con Torrón de Lugo. En Coruña creo que andiveron tentando voar en San Pedro... non sei cómo lles foi.

O Domingo, Día da Nai, antes de marcharme a Lugo, fixen un descenso en Ponzos e outro alumno de Torrón fixo o seu primeiro voo de altura (Noraboa! cada día somos máis , como dicían no Xabarín Club... :-D)... marchei pensando que ía estar un día de voo estupendo pero polo visto non foi así, outra vez nordés pero frouxo...

Marcos marchou voar con Salva ó Xalo, pero atopáronse con que estaba demasiado forte.

Pola miña parte convencín a meu pai para que me acercara un ratiño o monte do Páramo, en Lugo. O sitio ten moi boa pinta... xa teño oído que Cedrón ten feito alí distancia, indo ata Pobra do Brollón... pero non dou co día bon, xa fun outras dúas veces, e en todas estaba cruzado. Desta vez tamén estaba cruzado, pero como había pouco vento, aproveitei para despegar cunha térmica, xa que cada vez que se despegaba algunha diante do despegue, encarábase e podíase sair, aínda que con moito coidado e controlando moito a vela.

Fixen un descensiño, alargándoo todo o que puiden xirando o que atopaba... había térmicas, pero moi estreitas e difíciles de xirar, sobretodo ó estar tan preto das árbores do monte.

Aínda que o voo non é digno de mencionar, póñoo aquí para chinchar a Marcos que non voou, ;-) :-D, e para que vexades no Google Earth dónde se atopa o despegue.

Pincha aquí para ver o voo na base de datos Leonardo.

Por certo un pouco pequeno, pero que deberon limpar algo últimamente, xa que das outras veces que fun estaba con moita máis maleza, e só daba para estirar a vela.

Non sei se será que xa teño máis confianza voando pero desta vez, un rato que estiven por riba do despegue, incluso me planteei aterrar arriba, pero un cable que baixa moi cerca disuadiume de facelo.

O resto da semana estivemos voando en Monte Ventoso... voos de diversa duración, dende descensos ata algún voo de varias horas de Escobar ou dunha hora meu con aterraxe arriba xa de noitiña, pero todos con un factor común: moi movidos e con algunha que outra plegada pequena. Non en van picaba algo de nordés, pero sobre todo estase notando a zona que cortaron diante do despegue, que manda algunhas térmicas curiosas.

Vamos, unha semana moi entretida...

A ver cómo ven esta... polo de agora marcho a Ponzos, que a previsión é de Oeste. A VOAR!

Chuzame! chúzame -
Like this post? Spread the word!
delicious digg google
stumbleupon technorati Yahoo!

Leave a comment

XHTML - You can use:<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)