Xov 26 Abr 2007
O presente artigo pretende definir uns conceptos básicos que existen antes ou despois na vida d@s parapentistas: A vida en parella.
Aclaración: Na miña ampla investigación non atopei diferencias salientables entre parella de feito, matrimonio, ou enlace eclesiástico, polo que nos referiremos a todos eles como parella.
Aclaración 2: Os meus coñecementos na materia non teñen nada que ver ca miña experiencia persoal. Existe na miña vida en parella unha simbiose perfecta entre o parapente e a vida familiar.
Aclaración 3: Se a túa moza ou o teu mozo tamén é parapentista, pode ser que a situación idílica se prolongue ata a maternidade. A partir de ahí…
Primeiras consideracións: Delimitación dos conceptos básicos. A vida en parella estable non é comparable, equiparable ou mínamamente cercana ao noivazgo. Canto antes se afronte esta verdad coma un puño, mellor. Se estás pensando “non é o meu caso. Miña moza ou mozo é un encanto e comprende a miña pasión por voar. Seguro que se casamos non cambia nada” quere dicir que debes de seguir lendo o presente artigo. Estás en grave perigo, amig@. Existen certas estratexias por parte dos noivos ou noivas que poden inducir a confusión a algún parapentista confiado. Tratemos de aclarar os síntomas máis frecuentes, e a súa evolución despois do matrimonio ou similar.- Participativo activo: É o máis perigoso e dificil de detectar. @ noiv@ participa do parapente de maneira activa (viaxa contigo asiduamente, espera pacientemente no monte 3 horas “a ver se se pon de norte”, fai remontes a ti e aos teus compañeiros, e incluso fará algún biplaza. En casos extremos teño noticias de noiv@s que chegan a facer o curso de iniciación e incluso a comprar equipo e voar durante un ano ata amosar as súas verdadeiras intencións. Logo do matrimonio ou similar a participación se reduce drásticamente: “Este finde me gustaría ir a un balneario”, “Este finde quedamos con uns amigos (QUE NON VOAN)”, “Sempre facemos o mismo os findes. ¿Por qué non vamos de excursión? (LEVARÁTE A UN SITIO NON VOABLE)” , e por suposto, as COMIDAS FAMILIARES. Tremo só de pensalo, brrrrr…
- Participativo pasivo: Se detecta asiña. Curiosamente, o detectan primeiro os compañeiros de vó máis cercanos. É común que a víctima non se percate do engano ata que xa é demasiado tarde. Se escoitas frases dos teus amigos como estas: “O teu moz@ parece aburrido hoxe no despegue”, “O teu moz@ dixo que te esperaba abaixo, tomando un auga”, etc é probable que estés nesta situación. Logo do matrimonio ou similar, virán comentarios do mesmo tipo que os anteriores de “participación activa”. Pero esta vez eran previsibles. - Conversa activa: Sexamos realistas. Se a túa parella non practica deportes deste tipo, prefire non pasar o día no monte, e considera o parapente algo arriscado, ¿por qué conversa contigo longo e tendido sobre o parapente, que tal volaches hoxe, como é o teu equipo…? No 5,3% dos casos é un interese sinceiro e preocupado por ti. No resto dos casos este interese esconde a intención de mostrarse comprensivo contigo, obses@ do parapente, para gañala túa confianza. Logo do matrimonio ou similar, o parapente será un deporte de alto risco e siniestralidade. As conversas de parapente se tornarán a: “Saliu no telediario un accidente dun parapentista que…”, “É un coñazo estar sempre pendientes da previsión meteo. E sempre falla…”. Tas jodí@, rapaz@... - Conversa pasiva: Está claro que non compartides pasión polo vó libre. Este é o mellor escenario posible. As cartas están cara arriba, e ti podes actuar en consecuencia. Se queres manter a túa relación, debes ler máis abaixo consello para a “conciliación da vida familiar e a parapentística”. Logo do matrimonio ou similar, a situación prácticamente non varía.
Conciliación da vida familiar e a parapentística Temos claramente tres posibles escenarios:
- A confrontación diaria: A túa parella pensa que vas a voar demasiado. Ti pensas que non suficiente. Vos enfrentais e enfadais casi a diario por esta cuestión. Non é un escenario desexable.
- Máximo aproveitamento: Voas todo o que podes, e consigues que a túa parella non sexa consciente delo. Logo darei uns consellos para optimizar esta situación.
- Pasar da familia: Entón, ¿Qué fas lendo este artigo?
- Pasar do parapente: Repito, entón ¿Qué fas lendo este artigo?
O máximo aproveitamento conleva unha serie de decisións e estratexas que requiren de pouca sinceridade, involucrarse o mínimo no teu traballo e renunciar a certas amizades. Avisad@ quedas.
1ª- Aisla os teus mundos. Familia e parapente non son complementarios, son excluíntes. Se un deles se pon en contacto co outro, se producirá unha fagocitación irremediable. Non cometas o erro de outros que pensaron o contrario. 2ª- Consulta a cotío as previsións e aos amigos que as dominan mellor. Maximiza o teu tempo adicado a voar!
3ª- Non eres insustituíble no teu traballo. Deixa os traballos gordos para os nordestazos. Se é posible, pon os teus horarios moi cedo ou moi tarde. Consulta cantas horas tes de libre disposición ao ano e non perdoes nin media. A abstinencia de voar pode provocar depresión e angustia, e é motiva de baixa laboral, trata de explicarllo ao teu xefe ou xefa.
4ª- Se tes xardín, non plantes árbores que te molesten para pasar o cortacéspede ou de follas caducas, non soñes con ter todo perfecto, consulta no mercado o céspede máis duro e de crecemento máis lento. Cando cortes a herba diante da túa parella faino a modo e que te leve o máximo tempo posible, así, cando te diga “Vou a pasear cos nenos, te animas?” Contestarás ”Prefiro cortar a herba e arranxar cousas por aquí” En canto marche, cortas en 15 minutos e ao monte!
5ª- Can. Se tes xardín, non aconsello cocker ou boxer (por experiencia propia). Se tes piso, non aconsello ningún. Se perdes de voar por ter que sacar o can, ou para arranxar os desperfectos que causou o teu can na finca, te sentirás deprimid@.
6ª- Os teus amigos de verdade comprenden que entre 15 e 25 por hora non poden contar contigo. Os outros non son amigos nin son nada.
Por último: Qué contar a túa parella os días de vó: Antes de ir: Debes amosarte abatid@ e desanimad@, pero participativ@ nas cousas de casa. Se o fas ben incluso podes provocar un “Se podes, por qué non quedas cos de parapente e vas un rato a voar este finde? Seguro que te ven ben” Eu logreino nun par de ocasións. Impresionante, eh?
Cando vas: Debes sair de casa con aspecto escéptic@ e casi con pesar de irte sen a túa familia. Require dosis de práctica. Sobre todo se o día pinta estupendo.
Cando estás: Se falas por teléfono, procura que os compañeiros de vóo non estén cerca. Fala despacio, e interésate máis polo que fixo ese día que por contar a restitución de puta madre que estais voando.
Cando esás de volta: Sempre farás “un vuelete” ou “un par de vueletes”. Nunca contes a verdad. Se non voaches dirá que perdichelo día en vez de estar con el@, e a próxima vez porá mala cara. Se voaches de maravilla, estará jodid@ por que el@ estivo ocupad@ cos nenos ou porque simplemente non o pasou tan fenómeno coma ti. Conténte, e recorda: “Un vuelete” Recomendo poñer música clásica 10 minutos antes de chegar a casa para dominar a euforia e baixar as pulsacións.
Boa sorte a tod@s
chuzame -
Abril 26th, 2007 at 10:37 pm
http://video.google.com/videoplay?docid=-6640625767107548133
Unha imaxe vale máis que mil palabras.
Ademáis é de agradecer que o parapentista casado que máis vai a voar dos que coñezo, se digne en compartir os seus segredos para voar tanto como él o fai, mantendo un bo ambiente familiar… sobre todo pensando en que a súa muller ten acceso a internet… como lea isto…
:-D
Marcos foi un placer ter voado contigo, lamento que se che acabara o chollo… Begoña non sexas moi dura con él… que non o fai a mala fe…
:-D 
Abril 27th, 2007 at 7:59 am
Está claro que o artigo e froito da investigación e experiencias de outras persoas. Observa a “Aclaración 2″ Bego!