Voo do 15 de Abril na praia de Cariño
Pois xa fai unha tempada que non escribía... dende antes da Semana Santa...
Desculpádeme...
:-)
Pois andiven por Galicia adiante buscando por onde voar, en zonas novas, tamén polo Bierzo (estiven en Corullón, con un pequeno sustiño...) e cheguei á conclusión de que en ningún sitio se voa tanto como na casiña... ó mellor se fan voos máis largo, non o discuto, por exemplo no Bierzo, pero seguro que non voan tan a miúdo como por esta zona. Non en balde temos tantas orientacións... :-D;-)
Pois o dito, estiven en Quiroga e non pillei un día bon... dous descensos cutres... estiven en Meira e o vento estaba pasado... fun a Corullón e o vento subiu de súpeto e case acabo no sotavento, menos mal que andiven rápido e aterrei con orellas e acelerador antes de que entrara a racha máis forte... así que voltei a Cariño e... HINCHEIME A VOAR!!!
Incluso me dixeron que ese mesmo día Miguel de Vigo se pasou á ladeira do Ortegal, pillou un deses momentos máxicos e aló se foi.... MECAJONtoloquesemenea... QUÉ ENVEXA... Pero non pasa nada, que outra cousa non serei, pero a cabezón non me gaña ninguén... así que alí ando adestrando para pasarme eu tamén... hoxe estiven voando alí durante unha hora e corenta minutos e non faltou moito... pero sigo quedando enriba das casas...
Pero xa chegarei, xa...
Ademáis hoxe estiven probando a silla nova... unha XXX Cx sen carenado, polo de agora, xa llo comprarei solto máis adiante... o de XXX é para non poñer a marca, que é o único que polo momento me desagrada da silla, o resto polo de agora vai ben. Teño que rematar de axustala ós meus gustos, xa sabedes todas esas cintiñas que parece que non sirven para nada e que despois son tan importantes...
A ver canto tempo tarda Marcos en poñer un comentario respecto ó de XXX Cx... podemos facer unha porra... pero en canto o vexa vaille arder o cú por escribir algo sobre o maravillosa, fantástica, preciosísima que é a marca XXX. Se non, tempo ó tempo.
Bueno, por hoxe xa non me enrrollo máis... déixovos o enlace do voo de hoxe e xa porei máis adiante o dos voos que fixen ata agora... oou senón podédelos ver na base de datos Leonardo...
Voo de Cariño de hoxe. (Preme aquí)
chúzame -




Leave a comment