Parapente en Ferrol (Galicia) » Page 'Arrecendo'

Arrecendo

Acabo de baixar algunhas fotos que fixen hoxe e outras que estaban na memoria da cámara.

As de hoxe fíxenas mentres agardaba a que baixara o vento... facía un día espléndido e o sol quentaba pero co vento pasabas frío así que decidín ir como os lagartos e meterme nas dunas ó abrigo.

As flores da foto estaban entre as dunas. Acaban de abrirse e permanecen así moi poucos días ó ano, pero o que me impactou non foi a súa beleza, senón o arrecendo que despregaban polas dunas, ó abrigo do vento.

Permanecín un bo rato tumbado, desfrutando do sol e do maravilloso arrecendo... despois fixen unhas fotos para recordalo.

As outras fotos son de hai tempo... Javier Villalba comezaba coas probas do trike e estivemos en Penencia... fixádevos na rodeira que deixou mentras me dicía: "As rodas non fai falta que sexan máis anchas, que non se van a cravar nin na area seca... "

Máis vale unha imaxe que mil palabras... Javier, tena en conta se te ves obrigado a aterrar na praia e a marea está alta... ;-)

Chuzame! chúzame -
Like this post? Spread the word!
delicious digg google
stumbleupon technorati Yahoo!

Leave a comment

XHTML - You can use:<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)