Ollo!!! en Ventoso
Hoxe voamos alternando sitios, pero durante todo o día.
O día comenzou cunha chamada de Javier Escobar: "Estoy en el despegue de Ponzos, me voy a volar al cortado de abajo". Esto o dixo sen medir, sen esperar, sen manga...E acertou! Cando cheguei a Ponzos, Javier estaba no aire. Polo que vin, o cortado estaba xustiño, xustiño, e cruzado da dereita. Saquei o equipo e despeguei. Prometo que me arrimei o que puiden (Javier dará fe) pero fun a praia. Javi aterrou e dixo que arrancaramos para Doniños. Quixen facer unha última proba...E trinquei! estiven voando un rato, non se podía achegar á dereita se non querías cobrar, pero foi divertido. Aterrei, recollimos e a Ventoso.
PERIGO. Ao despegar en Ventoso se meneaba moito: Javier, Diego(que xa estaba con nós) e máis eu. Parece ser que os eucaliptos que cortaron recentemente provocan unha térmica que chega ao despegue algo sucia. Unha vez pasado o trago, o vó estivo estupendo.
Pareceunos que estaba rolando noroeste, así que fumos con Roberto (outro voador coruñés) a Ponzos...¡onde estaba norte-nordés! Diego fixo un descenso. Roberto e eu voltamos a doniños.
O vó estaba máis tranquilo que antes...pero o problema do despegue seguía. Moito me temo que falaremos desta térmica en máis dunha ocasión ...(¡qué pasará cos alumnos que voaban aquí?)
Collimos moita máis altura que antes, con aterraxe no despegue. Bueno, top toxolanding. Tiven que aterrar arriba para irme, porque tiña arriba o coche. Fixen dúas tentativas, vin que podía conseguilo e a terceira aterrei. Os pés nos toxos, a un metro do aterraxe (me cago no derrapaxe), pero a vela caeume nos toxos e estiven 20 minutos desenredando cordinos co compañeiro coruñés. GRACIAS, ROBERTO!
Eu tiven que marchar ás seis e media, pero Roberto quedaba voando estupendamente. Xa nos contará como lle foi.
Pois xa sabedes: OLLO en Ventoso.
Un saúdo
chúzame -




23. marzo 2007 at 10:27 pm :
Pois moi ben contado por Marcos… así que tan só me queda dicir que espero que os meneos no despegue se deberan á actividade dos cúmulos que nos rodeaban por todas partes e non á recente tala enfrente, xa que de ser así van a quedar despegues “interesantes” na primaveira e no verán.
O voo de hoxe, quitando a intensa actividade das nubes, os amagos de plegada e os golfiños de Marcos ó despegar, foi moi tranquilo e comezo a estar preocupado pola, inxusta, ó meu ver, fama que parece que me estou a crear… que me din que en canto podo me vou de paseo… home… que Prioriño chico está ahí ó lado… e pensei que Javier Escobar e Roberto estaban a pensar o mesmo ca min cando se puxeron a facer ladeira á esquerda do despegue de Ponzos…
E encima Escobar estanos aumentando a fama de que en Ferrol voamos con ventarrón e en calquer sitio… nooooooonnnnnnn, bueno, cecáis un pouquiño… que se foi a Coruña e deixounos asustados do ventarrón co que voou… será que aquí xa o temos moi visto…. a propósito, hai que enterarse de dónde saca a información que manexa para facer as súas tablas de previsións que non falla o tío!!!.
Outra cousiña, hoxe estivemos vendo un… ¿cómo se chaman os Dust devils cando se forman no mar? dende o despegue de Ponzos, pero dende terra… para que vexades a actividade que había hoxe. Lástima que non tiña a cámara conmigo… comezou a formarse debaixo dunha nube enorme que estabamos deixando pasar antes de despegar, alargándose hacia abaixo, pero finalmente non chegou a tocar nin auga nin terra e voltou a encollerse e desapareceu…. ESPECTACULAR.
Xa tiña visto algún na ría con días de bon tempo (tres enlazados e moi pequenos que paseaban sobre o mar dentro da ría) pero o de hoxe, baixando dende a nube… buffffff, qué bon estar en terra.
Ó principio non sabiamos o que era, unha estela dun avión, ou algo así, pero cando empezou a alargarse…. o dito IMPRESIONANTE.
Bueno, déixovos os links ós voos de hoxe na base de datos Leonardo:
O de Monte Ventoso:
http://www.paraglidingforum.com/modules.php?name=leonardo&op=show_flight&flightID=5903
e o de Ponzos , dende o despegue de abaixo: http://www.paraglidingforum.com/modules.php?name=leonardo&op=show_flight&flightID=5905
Éstes foron os que fixen eu… Escobar e Marcos xa fixeran outro antes de que eu chegara dende a praia en Ponzos…