Lun 12 Mar 2007
Pois non resultou unha fin de semana demasiado boa... voamos, é certo pero tamén houbo un lesionado... así que podemos dicir que non é un balance positivo...
O sábado estivemos en Cariño, coa intención inicial de probar os despegues de arriba, pero ó final quedamos no cortado da praia, tentando gañar a ladeira grande. A cousa non estaba fácil, e tras varios intentos nos que acabei na praia, tras dar marcha atrás na punta por ir moi baixo (o estabilo iba por debaixo dos eucaliptos do borde) conseguín pasarme e gañar altura.
Estiven un rato na ladeira rascando nas copas e gañando altura, pero non estaba tan laminar como nos ten acostumbrados este voo, e finalmente, ante un par de amagos optei por aterrar e sacar o buggy e a cometa de tracción e dar un paseo con eles.
Mentras tanto Javier Torrón e un alumno (Juan Carlos) quedaron facendo campa, e Javier aínda se animou un par de veces a tentar pasar á ladeira grande, pero finalmente optou por quedarse na ladeira da praia.
Ó mediodía chegaron Ulises, Nancy e Fernando e estiveron un rato tentando pasar, pero aínda que o vento estaba mellor orientado faltáballe un pouco de intensidade.
En vista de que non valía nin para voar o parapente nin a cometa de tracción, e dado que tiña que estar en Santiago ás 6 da tarde, decidín recoller. Os outros tamén marcharon a ver si en Ponzos estaba mellor a cousa, pero polo que logo me contaron non había vento e só valeu para descensos e paramotor (Ulises)... desgraciadamente, no seu terceiro voo de altura, Miguel sufriu un percance ó aterrar e mancouse nun nocello (fisura no maleolo e forte esguince, polo que me comentan). Espero que pronto se recupere e reinicie esa rápida progresión no aprendizaxe que estaba levando... Unha aperta Miguel e deséxoche unha pronta recuperación.
Tamén apareceu por Ponzos Pilar, unha ferrolana afincada en Gijón, que ás veces aparece por aquí.
O domingo erguinme moi tarde, a reunión do día anterior en Santiago rematou xa de noitiña, e deiteime tarde... pensaba madrugar e acercarme a Pontevedra ou a León a voar en zonas novas.
Xa pola mañá decidín quedar con Javier Torrón en Santiago para irmos a voar a Xaxán, pois o seu irmán xa lle comentara que estaban voando... lástima que ó chegar xa de mediodía e ser un voo que rinde pola mañán, atopamos á xente facendo descensos. Fixemos o remonte (moi largo, por certo) e cando chegamos xa andaban todos a recoller pois daban a sesión por rematada, e só quedaban algúns alumnos subindo para facer un novo descenso... informáronnos de que Leonor estivera a 50 m por riba do despegue e que agora xa só quedaba facer descensos, antes de que se cruzara, se tiñamos sorte... pois se hai que facer descensos, a facer descensos... prepareime e estiven un rato agardando a unha racha máis forte e sair nun ciclo alto e... o que é ter sorte... despeguei e comencei a buscar térmicas diante do despegue e a subir... debín chegar a estar a 70-80 m por riba do despegue pois as antenas teñen 60 m de altura e estaba por riba delas, pero rendíame nunha zona moi estreitiña e finalmente aterrei para deixarlle a miña emisora a Javier para que puidera dirixir a unhos alumnos no despegue. Mentras facía a aproximación para aterrar no despegue e chegaban os alumnos púxose o vento de atrás e xa non se puido voar.
Visto o visto optamos por cambiar de zona: Manuel cos alumnos marchou a Lapaman a facer campa e Javier e mais eu optamos polo que nos parecía máis seguro: Santa María de Oia.
Ó chegar o vento comenzaba a picar N-No, pero vendo que os da zona estaban no despegue sudoeste alí marchamos. Javier fixo dende alí un descenso, aproveitando un momento que se encarou con unha térmica, pese a estar un pouco de lado, e eu baixei a recollelo para facer o remonte.
No seguinte paramos no despegue Noroeste, pois parecíanos máis apropiado e esta vez despeguei eu, pero co mismo resultado, un descenso larguiño pasando por riba dun ¿mosteiro? e con preciosas vistas.
Dúas cousas deste deste despegue:
A primeira que o remonte era máis curto, pero o acceso está en moi malas condicións (o do sudoeste, o noroeste ten unha zona en mal estado máis curta) de ter ido no meu coche non podería ter chegado, menos mal que fomos na furgoneta de Javier, que é máis alta.
O segundo que me sorprendeu é que alí non se organizan para facer os remontes: cada piloto parece ter (polo menos ese día, o mellor outros días o fan doutra forma) a alguien para que lle faga o remonte (un familiar ou amigo) e andan cada un á súa bola... debe ser que estou "moi mal acostumbrado" a Ferrol, que somos catro amiguetes os que voamos, e nos chamamos e organizamos en canto sopra o vento. Debe ser que como alí son moitísimos máis pilotos andan noutra onda.
As vistas dende tódolos despegues da zona son espectaculares e tivemos un día estupendo de sol... hai que voltar, porque a zona é fantástica e vense unhas montañas ,lusas xa, que teñen moi boa pinta... o val do Rosal, creo...
Unha última cousiña que esquecía e me fixo moita gracia... ¿a cantos pilotos de Ferrol lle tedes escoitado que hai que deixar de voar para marchar a comer?A comer vaise entre remonte e remonte... e sen tardar moito, bocadillos e de volta á faena...
pois por alí a xente non deixa de pensar en comer - Marcho que teño que ir comer unha laconada... - ¿E non paramos a comer? - Vamos ó bar a comer e logo pola tarde voltamos...
Manda truco, van ter que cambiar de talla de velas, que só pensan en comer... jajaja
Dedicado á boa xente da zona que aínda que pensan moito en comer tratáronnos e soportáronnos moi ben... Un saludo e ata a próxima.
chuzame -
Marzo 13th, 2007 at 11:37 am
Por certo, xa que falades de Cariño, lembrarvos que de Cariño é o archicoñecido D. José Tojeiro (o das “prespiputas”). Así que cando voltedes por alí non deixedes de facerlle unha visita.
Saúdos!!!!