Marzo 2007


Onte, Luns, andivemos vixiando os despegues por si se podía facer algo... Javier Escobar en Ponzos arriba, que anda a practivar para despègar de frente co paramotor, e eu abaixo na praia, xa que só tiña hora e media e finalmente decidía quedar a facer campa pois estaba moi cruzado.

Vamos que non se cumpliu a maravillosa previsión que nos deran os señores de Meteogalicia.... pero hoxe...

Martes 27:

Fun de mañanciña a ver si podía facer algo. Dirixínme a Monte Ventoso pois a previsión era de noroeste, pero meteográfica indicaba na Coruña antes de sair da casa Nor-nordés.

Ó chegar alí xa vexo que non dá máis que para descensos, así que me dispoño a pegar un e facer o remonte andando, pois estou só, pero teño sorte, e atopo a un coñecido na praia que me sube a Monte Ventoso novamente, así que ó chegar arriba pego un novo voo.

Non foron nada do outro mundo, moito sufrir rascando eucaliptos para notar leves patadiñas térmicas que te subían e de seguido te deixaban... aínda así o segundo voo foi bastante entretido. Moito xirar, moito currar cada metro, rascar eucaliptos, buscar, xirar ceros, seguir buscando... as cousas que máis custan son as que máis satisfaccións dan... pero en descenso quedou... e logo viñeron os trinta minutos de remonte a pé co parapente á espalda.

Cheguei enchoupado pola suor, e rápidamente tiven que cambia-la roupa e marchar a traballar que si non non me daba tempo.

A última hora, nada máis rematar co adestramento dos pequenos, marchei a voar, esta vez a Ponzos. Debín chegar sobre as 19:30 ou 19:45, e ás 19:55 xa estaba no aire... non había demasiado vento pero as nubes tiñan bos desarrollos verticais, así que despeguei sen problemas e comencei, pouco a pouco, a gañar altura. Estiven voando unha hora e dez minutos, e cando xa comezaba a anoitecer e o frío xa se notaba, unhas grandes nubes comezaron a meterse, aumentando o vento.

Para aterrar enriba (non tiña ganas de outra camiñata) tiven que facer barrenas, meter orellas e acelerador e quedar por debaixo do despegue para finalmente entrar ó despegue vento en cola, para, no último intre xirar e non coller as ascendencias que había por todas partes. Antes estiven un bo rato subindo coas orellas metidas, cunhas boas orellas, e maniobrando co corpo, e non houbo maneira... así que decidín separarme da ladeira e ser un pouco máis expeditivo coas barrenas, de ahí a descendencia que marca o ficheiro IGC de -7 m/s.

A pesar de todo, non se subia demasiado en altura, as ascendencias non eran moi fortes, pero non había onde baixar, alomenos para aterrar enriba, outra cousa sería ir á praia.

Para mañá creo que toca xornada de descanso parapentístico, alomenos para as velas que non voen con 12 m/s de vento (Sintoo Marcos ;-) :-D :-D) pero nunca se sabe... pero a chuvis tamén pode facer acto de presenza.

¿E tódolos demáis por onde andabades?!!! Eu andiven sen móvil todo o día, pois olvideino na casa cargando...

Vamos, ó final resultou un bo día de voo.

Preme aquí para ver o voo na base de datos Leonardo. Só puxen o de Ponzos, non sei se poñer tamén os de Monte Ventoso...

Chuzame! chuzame -

Nordés espeso todo o fin de semana... o sábado tiña cea ás 20:30 e o resto do día libre. Quedei con Javier Torrón para acercármonos a Montouto, pois a previsión tiña boa pinta para alí, pero as nubes fixeron acto de presenza e aceleraron o vento ata os 9 metros por segundo e cubrindo a parte superior do despegue... así que decidimos voltar, pero a ónde? Javier tiña que ir á Coruña e eu decidín acompañalo e voltar a Ferrol vía Coruña, para probar o despegue de San Pedro. Cando chegamos tiña boa pinta para voar, pero decidimos chamar a Xavier a ver qué nos conta e a ver se alguén de Coruña se vai achegar. Dinos que hai 20 minutos estivo alí Vicente e que hai ventarrón, que nuns intres vai achegarse por alí.

Javier Torrón decide facer campa mentras esperamos e eu tamén saco a vela. Pero non teño paciencia e como me ten moi boa pinta despego... súbese por todas partes e as gaivotas deben estar acostumadas ós parapentistas pois quedan na ladeira acompañándome.

En todo momento teño un ollo no mar, atento a indicios que marquen unha subida do vento. Xa me teñen comentado que alí o vento sube de golpe e case sen aviso.

Unha mancha de vento comeza a formarse no mar no horizonte e decido baixar, meto orellas e... SIGO A SUBIR. Comezo a separarme da ladeira pero sigo subindo así que decido ser un pouco máis expeditivo e busco a fuga... agora sí que baixo pero a costa da velocidade horizontal. Pouco a pouco voume achegando á ladeira e remato por aterrar xunto ós canóns do parque. Poucos intres despois o vento sube de súpeto.

Temos a esperanza de que igual que subiu volte a baixar e mentras falamos con Marcos, que non sabe si vir a voar o sábado ou o domingo... - Para mañá sube o vento - dinos, así que o animamos dicíndolle que temos a esperanza de que alí se poida voar en canto baixe o vento... Mala idea, o vento xa non vai baixar...

Vicente, Xabier e maila noiva, José Luis, Fernando, Marcos e Salva... imos pasando polo despegue, pero o vento non baixa... un rato de cháchara, facer o labirinto do parque, e para casa. Mañá será outro día e quedamos para tantear Cariño, non se esperan nubes e aínda que o vento vai subir, creo que se poderá voar. Xabier dinos que se achegará e Fernando dinos que nos chamará para saber si vale...

Domingo.

Pola mañá teño competición de atletismo e ó medio día, nada máis rematar, chamo a Xerardo para marchar a Cariño. Javier Torrón vaise achegar ó Xalo e despois virá.

Chegamos a Cariño e levanto a vela con dificultades. O vento está moi forte e por veces arrástrame hacia atrás. Sigo tentándoo, pois sei que unha vez no aire a cousa mellora sempre. Hoxe non vai ser diferente.

Nada máis despegar no cortado saio como un foguete hacia arriba: hoxe xa vexo que vai ser un bo día e o primeiro que me ven á cabeza é Marcos, que hoxe non vai poder vir a voar. Espéranme tres horas de voo, chegando a 500 metros e con ascendencias de +5 m/s e un frío de carall... e os de Coruña que lle din a Xerardo que se foron ó Xalo ou a Razo... e eso que os avisamos... Cariño con nordés forte vale a pena probalo aínda que esté lonxe (A San Andrés de Teixido vai de morto o que non vai de vivo, e San Andrés queda a un paso de Cariño).

Javier Torrón chega xa tarde e despega... vaille levar un rato pasarse á ladeira grande (cousa que finalmente consigue cando xa marcharamos Xerardo e máis eu).

Eu aterro despois de tres horas, coa vexiga a tope e aterido de frío, pero durante o voo estiven tentando pasarme á ladeira da esquerda con acelerador a tope, pero non chegaba por pouco, estiven por riba do espigón do porto, e un par de veces estiven tentado de tirarme para atrás , pero a posibilidade de aterrar nas praias de Ortigueira suporía unha volta en coche considerable e pola outra banda da ría os eucaliptos son abundantes e moi altos, así que finalmente quedo na ladeira. Cada día me tenta máis a posibilidade de facer distancia dende Cariño, pero os aterraxes non me convencen... haberá que facer unha prospección das posibilidades de aterrar na zona en caso de tentalo.

Pois nada máis... VUELAZO EN CARIÑO O DOMINGO, déixovos aquí o enlace á base de datos Leonardo, para ver os detalles do voo.

Resumo: Cariño con nordés forte é a pera marinera, e resulta a opción máis fiable para voar con esa orientación forte.

Chuzame! chuzame -

Hoxe voamos alternando sitios, pero durante todo o día.

O día comenzou cunha chamada de Javier Escobar: "Estoy en el despegue de Ponzos, me voy a volar al cortado de abajo". Esto o dixo sen medir, sen esperar, sen manga...E acertou! Cando cheguei a Ponzos, Javier estaba no aire. Polo que vin, o cortado estaba xustiño, xustiño, e cruzado da dereita. Saquei o equipo e despeguei. Prometo que me arrimei o que puiden (Javier dará fe) pero fun a praia. Javi aterrou e dixo que arrancaramos para Doniños. Quixen facer unha última proba...E trinquei! estiven voando un rato, non se podía achegar á dereita se non querías cobrar, pero foi divertido. Aterrei, recollimos e a Ventoso.

PERIGO. Ao despegar en Ventoso se meneaba moito: Javier, Diego(que xa estaba con nós) e máis eu. Parece ser que os eucaliptos que cortaron recentemente provocan unha térmica que chega ao despegue algo sucia. Unha vez pasado o trago, o vó estivo estupendo.

Pareceunos que estaba rolando noroeste, así que fumos con Roberto (outro voador coruñés) a Ponzos...¡onde estaba norte-nordés! Diego fixo un descenso. Roberto e eu voltamos a doniños.

O vó estaba máis tranquilo que antes...pero o problema do despegue seguía. Moito me temo que falaremos desta térmica en máis dunha ocasión ...(¡qué pasará cos alumnos que voaban aquí?)

Collimos moita máis altura que antes, con aterraxe no despegue. Bueno, top toxolanding. Tiven que aterrar arriba para irme, porque tiña arriba o coche. Fixen dúas tentativas, vin que podía conseguilo e a terceira aterrei. Os pés nos toxos, a un metro do aterraxe (me cago no derrapaxe), pero a vela caeume nos toxos e estiven 20 minutos desenredando cordinos co compañeiro coruñés. GRACIAS, ROBERTO!

Eu tiven que marchar ás seis e media, pero Roberto quedaba voando estupendamente. Xa nos contará como lle foi.

Pois xa sabedes: OLLO en Ventoso.

Un saúdo

Chuzame! chuzame -

Pois xa fai uns días que non escribimos nada no blogue, pero non será por non ter voado... Vaiamos por partes:

Empezo polo xoves... si, si, o xoves que tanto vento do nordés tivemos aquí un menda voou, aínda que me saiu caro o voo. Cóntovos. ;-)

O xoves, tendo en conta a previsión de vento do nordés bastante forte, decidín achegarme a Cariño, aínda que fora so.

Para os que non teñades voado en Cariño, trátase dunha zona de voo na que, entre outras, podes despegar dende un cortado na praia, con orientación nordés ou incluso teño voado picando un pouco de este, aínda que non resulta moi recomendable. Unha vez estás neste pequeno acantilado, tes que ir pola ladeira co estabilo rozando nos eucaliptos para poder chegar ó premio gordo, unha fantástica ladeira na que atopas un vento encarado e moi laminar e que se atopa á dereita.

O problema é chegar ó borde do acantilado coa vela levantada, pois o vento arrastrate, polo que non é un voo para dudas ou se non fas campa habitualmente, e despois está o de ir pegado ó borde por enriba do mar, aínda que en teoría podes voltar á praia se tes altura e a marea está baixa, pero... sempre pode xurdir un imprevisto. ( Hai que ver, non me extraña que me digan que sempre pinto moi mal os despegues e as aterraxes, pero é o que hai, que logo non quero que ninguén diga que non expliquei ben cómo era...)

Pois o dito, o outro día tiven que levantar e levar a vela de lado para chegar ó borde, para unha vez alí terminar de levanta-la e sair a voar, pero unha vez no aire, pese á velocidade do vento estábase estupendamente.

Outra cousa que non mencionei de Cariño é que alí se pode voar cando hai un ventarrón incríble (Xerardo ten voado con ventos no medidor meteorolóxico do monte de máis de 75 kmh) xa que é como se enriba da praia e do pobo de Cariño se formara unha burbulla que permitira voar), pero eu teño apreciado que isto me ocorreu cando non hai nubes, con ceos azuis, pois con nubes a vela non deixaba de moverse e facer pregadiñas e amagos, facendo case imposible despegar.

Pois este xoves... ceo azul, como moito algunha nube, e eu no aire a pasalo en grande, voando sobre Cariño, chegando ata a praia da dereita de todo, ata o espigón do porto, collendo altura sen problemas nin sobresaltos... vamos, estupendo, ata aterrei co acelerador ó lado do coche, ata que...

Nada, nada, non vos preocupedes que non tiven ningún accidente... só é que á volta, camiño do colexio para traballar, atopeime con un Garda Civil, que nunha rotonda "percibiu" (non foi o radar o que o percibiu) que entrara moi rápido e, aínda que non viña naide, me indicou con un recibo de 150 euros, que nas rotondas, aínda que non veña naide hai que case deterse antes de proseguir. Eu, por suposto, non estou de acordo e penso recurrila, e aínda que o Garda Civil foi moi educado, o que me fastidiou un pouco foron os 20 minutos que tardou en poñerme a multa buscando o que poñer nun regulamento, mentres tiña ós pequenos agardando na clase a que chegara... poucas cousas hai que me molesten máis que chegar a unha clase tarde.

Pero ata me atrevería a dicir que o voo valeu os 105 euros (si pagas antes dun mes fanche desconto)... bueno, 105 non, pero ó mellor 50 sí... ;-) :-D

Premede aquí para ver o voo na base de datos Leonardo.

A partir de agora vou procurar poñer tódolos voos que poida nesta base de datos. Apréndese dos acertos e os fallos dos demáis, dos propios e promocionas as zonas de voo ne rede.

O venres repetiuse o dos ventos fortes, pero con nubes, así que cando, xa de camiño a Cariño, pero con coidadiño nas rotondas, non vaia ser, Javier Villalba me chamou e me dixo que viña a Ferrol a traballar no despegue que ten asignado para facer o mantemento e que traía a segadora, por se quería pasala no que me toca a min, inmediatamente dei a volta para aproveitar o tempo que puidera, xa que non me tiña moi boa pinta para voar.

En Ferrol temos cada grupo de pilotos un despegue asignado para facer o mantemento e mantelos nas mellores condición posibles... no meu caso teño a sorte de estar con Marcos e temos asignado San Cristóbal dende que se pasou o tractor e se quitaron os toxos que había antes. Agora mesmo está xa a empezar a aparecer a herbiña e esperamos que non saian moitos toxos. Javier fainos o "seguemento técnico", e xunto con Xerardo dinnos cando temos que pasar a segadora, cando botar os líquidos antitoxos (para non dar marcas, que non nos patrocinan) , etc e a verdade é que nos está a quedar un despegue chulísimo. Só nos falta poñer un bar nunha esquina e vender "polo de lima, para el niño y la niña"... e xa sería un despegue macanudo...

Pois o dito, o venres a currar, que unha vez o ano non fai dano... Nota: pensei en poñer o Gps mentras pasaba de lado a lado a segadora, pero pensei que despois habría chufas con que si iba moi despacio, coa velocidade máxima no traballo, etc, así que o final non hai track do curro... pero penso que houbo momentos nos que o vario marcaba +2 m/s, ou máis... menos mal que Javier tamén me botou unha man, que cansa o seu empurrar a segadora pola costiña...

Sábado: A VOAR A VILAÑÁN (Quiroga), que hai que empezar a curtirse na térmica no interior...

O sábado pola mañán tiña que ir de delegado de xuíces a unha carreira ás Pontes de García Rodríguez, así que o día anterior quedei con JavierTorrón de chamalo ó mediodía para ver se se podía voar en Montouto, unha ladeira de herba estupenda que hai por Vilalba, con orientación nordés, xa que él ía pasar por alí xa de mañanciña. O vento estaba moi pasado e decidimos ir ó interior a ver si estaba mellor en Triacastela ou en Quiroga... e acertamos de pleno indo a Quiroga, aínda que chegamos tarde.

Ó chegar atopamos que a xente estaba comenzando a despegar para evitar as horas de máis calor, xa que facía un día estupendo. Por alí andaban Ulises e Nancy, Marcos Chantada (que xa facía unha temporada que non vía por Inef), Lalo, Muras, Cedrón... Nós éramos Javier Torrón, Juan Carlos e Carol, e o que escribe, así que nos xuntamos unha boa tropa (perdón ós que esquezo ou cambio de nome, pero eu son un desastre para recordar nomes).

Ó chegar estivemos vendo cómo estaba o vento... tiña boa pinta, pero os que saían a voar e voltaban dicían que estaba bastante movidiño, así que fixeime media hora de marxe para observar, que xa me coñezo e se non o fago así ós 2 minutos xa estou a estirar a vela. Hai que ter sentidiño, que estou acostumbrado a voar na costa e non coñezo a zona, e si os locais din que está movidiño, pois estará... ademáis todo o mundo me di que non é o mismo voar na costa que no interior (a verdade é que as barrenas aceleran moito máis, pero polo demáis non lle vexo tanta diferencia, que cando te tirás para atrás en Ponzos para facer distancia segue a ser na costa e créeme que se move o seu).

Os últimos 15 minutos fixéronseme eternos, e paseinos observando cómo xiraba Cedrón (da gusto velo, non me extraña que Xerardo diga que é o mellor de Galicia) e cando o reloxo marcou a media hora xa estaba eu coa vela preparada e levantando. Nada máis sair comencei a subir suavemente e a encontrar térmicas moi fáciles de xirar, así que me fun pola ladeira por donde vira marchar a Cedrón e a Marcos, gañando altura... un sitio estupendo para voar éste de Quiroga. E non estaba tan duro como dicían, a verdade é que mellorara moito na media hora que estivemos agardando para sair, é máis, deberíamos ter saído un cuarto de hora antes, pero se se dice media hora, pois media hora (a próxima vez vai ser por fraccións, como nos garaxes subterráneos). Comuniqueille a Javier Torrón o ben que estaba, pero xa estaba colocando a vela a toda presa.

Para voltar, aproveitei que estaba na ladeira máis alto que Marcos e Lalo, que xa viñan de volta, (Lalo fórase conmigo pero, mentras eu me entretiña en xirar ata case o sotavento, él seguía e agora xa voltaba) e tiña intención de voltar polas térmicas que xa coñecía, aproveitando a ladeira, pero vendo que eles ían polo medio do val e que enriba dun pobo subían bastante, pensei -Son os locais e débese ir mellor por ahí - así que me tirei hacia o pobo, pero cando cheguei en lugar da térmica atopei unha descendencia e funme hundindo ata aterrar nun saliente con viñedos, prados e bosquiños, non moito espacio, pero suficiente para aterrar. Logo enteraríame por Marcos que él conseguira voltar porque Lalo lle chivara pola emisora o truco ( non pegarse alí á ladeira) pero eu ía na frecuencia que usamos en Ferrol (146.030) e eles na que usan alí (146.100) e non me enterei... un fallo, para outra vez non me vai voltar a ocurrir, nin o de pegarse á ladeira, nin o da emisora... e mira que antes de despegar o comentamos Javier e máis eu, e finalmente decidimos ir na frecuencia de sempre...

Podes ver o enlace do voo na base de datos Leonardo premendo aquí

De todas forma disfrutei a camiñata de volta polo val ata o aterraxe, ó lado da casa do alcalde... Quiroga é un sitio precioso aínda que vaias cargando co parapente ó lombo, e a xente deixa de facer os traballos que teñen entre mans para falar contigo, si ata me vacilou un velliño por ter aterrado onde non era ;-) :-D :-D

Aínda me deu tempo a volver a subir e facer un novo descenso, agarrándome ás poucas ascendencias que quedaban para aguantar un ratiño e, cando xa o sol se puxo tralos montes, barreniña e aterraxe... e, agora sí que notei diferencia co mar, CÓMO SE ACELERA A VELA NO INTERIOR Ó SER MENOS DENSO O AIRE QUE NO MAR. Soltei deseguida a vela, porque se me puxo coas bocas cara abaixo de seguida e a toda caña...

Preme aquí para ver o segundo voo.

Despois, un rato de charla no bar e de volta a Ferrol.

Domingo:

O domingo prometía voos en Ponzos, así que chamei a Patricia, unha amiga que vai facer un biplaza para contarlle que a previsión era boa e que Manuel Torrón estaba co biplaza en Ferrol. Só me preocupaban na previsión unha pequena posibilidade de auga ó mediodía, pero que debía pasar rápidamente antes de que ela chegara dende Ourense, deixando unha tarde de voo en ladeira que prometía, pero non foi así, e Patricia acabou facendo unha viaxe en balde... Moito me fastidiou, pero é o que ten o parapente, dependendo sempre do vento e o tempo. (Si hasta Javier Escobar, o druida do vento, o noso windgurú particular, que nunca se equivoca estaba alí para voar... Patricia, con todo o cariño, eres un pouco gafe... ;-))

Pola mañanciña, Manuel e Javier Torrón fixeron un par de biplazas xa que Manuel lle está a ensinar a pilotar o biplaza a seu irmán, e eu fixen un voo con aterraxe arriba, tiven que rascar na ladeira ó principio pero logo gañei altura por riba do aterraxe.

Despois fixen un descenso para levarlle unha vela a un alumno que estaba no aterraxe, e o vento comenzou a cruzarse, conforme indicaba a previsión, e comenzou a chispear, conforme indicaba a previsión, pero durou máis do que esperabamos, e con máis intensidade... e foi o momento en que chegou Patri. Estivemos esperando e desesperando tomando algo no bar, e como a cousa parecía que non melloraba e Patricia tiña que voltar a Ourense decidiu marchar. Acompañeina á rotonda para coller a autopista dirección Coruña e voltei a tomar un bocadillo cos outros. Como seguía a chover todos foron marchando, agás Manuel, Javier e máis eu... Cando rematei de comer o bocadillo achegámonos ó aterraxe a recoller a furgoneta de Javier e mentras falabamos comenzou a deixar de chover e a subir o vento... VENTO DO NORTE , ENCARADO E DE BOA INTENSIDADE, como indicaba a previsión, pero que chegaba con un par de horas de retraso. Manuel decidiu marchar que tiña un longo viaxe de volta a Pontevedra, e madrugara moito (Menos Fernando Alonso e máis voar... ;-)) pero Javier e máis eu decidimos quedar e probar.

Despegamos da praia sen perder de vista indicios no mar de que puidera subir o vento de golpe, pois xa tiña unha boa intensidade como para que subira máis, e falando de procurar non subir moito para poder aterrar rápidamente en caso de que subira.

E como todo o que espera ten o seu premio... PEGÁMONOS O VUELAZO DO DÍA. Subindo incluso por riba do mar, separados da ladeira, indo case ata o medio da praia, e con vento forte pero laminar.

Cando xa anoitecía, comezou a verse ó lexos no mar que o vento ía subir, e démonos conta de que subíramos máis do que debéramos coa emoción do voo, así que metín orellas e a baixar (Javier, aínda que estaba máis baixo, precisou de orellas e acelerador, pois coa vela máis lenta comezaba a ir para atrás). No primeiro intento Javier voltou a ascender ó achegarse á ladeira, así que decidiu ir á praia co acelerador, e eu aproveitei para meterme por detrás del e aterrar coas orellas metidas e metendo bandas B para tirar a vela.

Moi satisfeitos do voo e xa de noite fomos tomar algo quente ó bar, e ver o remate do partido de fútbol, mentras o irmán da dueña nos preguntaba si éramos nós os tolos que vira voando con ese vento e xa anoitecendo :-D.

Nada, o dito, Patricia, és un pouquiño gafe... só se deixou de voar cando chegaches ti e voltouse voar ó marchar... ;-) É broma... xa virán mellores días para facer o biplaza, e espero que máis cerca, para que non teñas que facer un viaxe tan largo, (non vaia ser que sexas gafe de verdade e volva pasar o mesmo ;-)).

Ulises foi a voar o domingo en Quiroga e polo que teño oído colleron un día de sol bastante bon, non sei qué tal estaría de voos, pero imaxino que bon... como lle dixen pola mañá por teléfono de non ser porque estaba contando con que Patricia fixera o biplaza aquí tería ido, que teño que acostumbrarme a voar no interior e porque me quedou unha espiña cravada por non voltar e hundirme a media ladeira o sábado... pero xa caerá... que xa sei o truquiño. ;-)

Este mismo fin de semana Jesús Lugo estivo en Gistredo e, polo que leo no blogue de Sandruka, que tamén andivo por alí voando, colléronse 3000 metros... así que a tempada arrinca con forza por alí.

A VOAR Ó BIERZO EN CANTO POIDA... que aínda non sei o que son 3000 metros no vario.

A propósito Sandruka, fíxome moita gracia o vario "tuneado" Abeja Maya. Flower power por todas partes... :-D :-D :-D e os vídeos cada vez mellor... Non deixedes de visitar o blogue de Sandra.

Pois polo de agora nada máis, e a ver si escribides un pouco, que non costa cartos a tinta...

Un saudiño e bos ventos.

Chuzame! chuzame -

Pois non resultou unha fin de semana demasiado boa... voamos, é certo pero tamén houbo un lesionado... así que podemos dicir que non é un balance positivo...

O sábado estivemos en Cariño, coa intención inicial de probar os despegues de arriba, pero ó final quedamos no cortado da praia, tentando gañar a ladeira grande. A cousa non estaba fácil, e tras varios intentos nos que acabei na praia, tras dar marcha atrás na punta por ir moi baixo (o estabilo iba por debaixo dos eucaliptos do borde) conseguín pasarme e gañar altura.

Estiven un rato na ladeira rascando nas copas e gañando altura, pero non estaba tan laminar como nos ten acostumbrados este voo, e finalmente, ante un par de amagos optei por aterrar e sacar o buggy e a cometa de tracción e dar un paseo con eles.

Mentras tanto Javier Torrón e un alumno (Juan Carlos) quedaron facendo campa, e Javier aínda se animou un par de veces a tentar pasar á ladeira grande, pero finalmente optou por quedarse na ladeira da praia.

Ó mediodía chegaron Ulises, Nancy e Fernando e estiveron un rato tentando pasar, pero aínda que o vento estaba mellor orientado faltáballe un pouco de intensidade.

En vista de que non valía nin para voar o parapente nin a cometa de tracción, e dado que tiña que estar en Santiago ás 6 da tarde, decidín recoller. Os outros tamén marcharon a ver si en Ponzos estaba mellor a cousa, pero polo que logo me contaron non había vento e só valeu para descensos e paramotor (Ulises)... desgraciadamente, no seu terceiro voo de altura, Miguel sufriu un percance ó aterrar e mancouse nun nocello (fisura no maleolo e forte esguince, polo que me comentan). Espero que pronto se recupere e reinicie esa rápida progresión no aprendizaxe que estaba levando... Unha aperta Miguel e deséxoche unha pronta recuperación.

Tamén apareceu por Ponzos Pilar, unha ferrolana afincada en Gijón, que ás veces aparece por aquí.

O domingo erguinme moi tarde, a reunión do día anterior en Santiago rematou xa de noitiña, e deiteime tarde... pensaba madrugar e acercarme a Pontevedra ou a León a voar en zonas novas.

Xa pola mañá decidín quedar con Javier Torrón en Santiago para irmos a voar a Xaxán, pois o seu irmán xa lle comentara que estaban voando... lástima que ó chegar xa de mediodía e ser un voo que rinde pola mañán, atopamos á xente facendo descensos. Fixemos o remonte (moi largo, por certo) e cando chegamos xa andaban todos a recoller pois daban a sesión por rematada, e só quedaban algúns alumnos subindo para facer un novo descenso... informáronnos de que Leonor estivera a 50 m por riba do despegue e que agora xa só quedaba facer descensos, antes de que se cruzara, se tiñamos sorte... pois se hai que facer descensos, a facer descensos... prepareime e estiven un rato agardando a unha racha máis forte e sair nun ciclo alto e... o que é ter sorte... despeguei e comencei a buscar térmicas diante do despegue e a subir... debín chegar a estar a 70-80 m por riba do despegue pois as antenas teñen 60 m de altura e estaba por riba delas, pero rendíame nunha zona moi estreitiña e finalmente aterrei para deixarlle a miña emisora a Javier para que puidera dirixir a unhos alumnos no despegue. Mentras facía a aproximación para aterrar no despegue e chegaban os alumnos púxose o vento de atrás e xa non se puido voar.

Visto o visto optamos por cambiar de zona: Manuel cos alumnos marchou a Lapaman a facer campa e Javier e mais eu optamos polo que nos parecía máis seguro: Santa María de Oia.

Ó chegar o vento comenzaba a picar N-No, pero vendo que os da zona estaban no despegue sudoeste alí marchamos. Javier fixo dende alí un descenso, aproveitando un momento que se encarou con unha térmica, pese a estar un pouco de lado, e eu baixei a recollelo para facer o remonte.

No seguinte paramos no despegue Noroeste, pois parecíanos máis apropiado e esta vez despeguei eu, pero co mismo resultado, un descenso larguiño pasando por riba dun ¿mosteiro? e con preciosas vistas.

Dúas cousas deste deste despegue:

A primeira que o remonte era máis curto, pero o acceso está en moi malas condicións (o do sudoeste, o noroeste ten unha zona en mal estado máis curta) de ter ido no meu coche non podería ter chegado, menos mal que fomos na furgoneta de Javier, que é máis alta.

O segundo que me sorprendeu é que alí non se organizan para facer os remontes: cada piloto parece ter (polo menos ese día, o mellor outros días o fan doutra forma) a alguien para que lle faga o remonte (un familiar ou amigo) e andan cada un á súa bola... debe ser que estou "moi mal acostumbrado" a Ferrol, que somos catro amiguetes os que voamos, e nos chamamos e organizamos en canto sopra o vento. Debe ser que como alí son moitísimos máis pilotos andan noutra onda.

As vistas dende tódolos despegues da zona son espectaculares e tivemos un día estupendo de sol... hai que voltar, porque a zona é fantástica e vense unhas montañas ,lusas xa, que teñen moi boa pinta... o val do Rosal, creo...

Unha última cousiña que esquecía e me fixo moita gracia... ¿a cantos pilotos de Ferrol lle tedes escoitado que hai que deixar de voar para marchar a comer?A comer vaise entre remonte e remonte... e sen tardar moito, bocadillos e de volta á faena... ;-) :-D pois por alí a xente non deixa de pensar en comer - Marcho que teño que ir comer unha laconada... - ¿E non paramos a comer? - Vamos ó bar a comer e logo pola tarde voltamos...

Manda truco, van ter que cambiar de talla de velas, que só pensan en comer... jajaja ;-)

Dedicado á boa xente da zona que aínda que pensan moito en comer tratáronnos e soportáronnos moi ben... Un saludo e ata a próxima.

Chuzame! chuzame -

Hai que ver no que nos entretemos os pilotos cando non está para voar...

pero espero que mañá poidamos voar, ou ben en Cariño ou ben en Villalba, nunha ladeira ó lado de Montouto que nos ten comentado Javier Villalba... a verdade é que a ladeiriña en cuestión ten unha pinta estupenda: un sureste con unha ladeira de herbiña como a de Montouto, pero máis alta e larga... vamos, que estou desexando probala.

Chuzame! chuzame -

Atentos, que semella rematar este tempo desapacible.

Se é certo o que se ve nas prediccións, teremos uns tres ou catro días para aproveitar, será cuestión de pasear por Ponzos cando se poida ou incluso Ventoso. Veremos...

Preparar o equipo e portarse ben na casa para que nos deixen ir a voar :)

Un saúdo a tod@s.

Chuzame! chuzame -