Parapente en Ferrol (Galicia) » Archive of 'feb, 2007'

Zona de voo: Esmelle No comments yet

Esmelle é unha pequena ladeira para voar con Oeste-Sudoeste na praia do mesmo nome. O habitual é aterrar no mesmo sitio onde despegamos, pero tamén se pode aterrar na praia que está ó pé... precaución, xa que con marea alta podemos despistarnos e mollar os pés ;-)

Para voar en Esmelle precísase de vento forte e ben encarado, xa que non se acada altura, e é por isto que é o lugar elexido polos parapentistas de Ferrol para voar cando o vento está moi forte en San Cristóbal ou en Ponzos, ou cando a orientación é intermedia para estes dous lugares.

Cando o vento baixa en Esmelle, ás veces queda un día estupendo para voar en Cabo Prior, no que se precisa dun vento menor e dunha orientación Oeste ou Oeste-Noroeste.

Esmelle non é un lugar apto para principiantes, o voo que alí se fai require de precisión e resulta moi habitual voar rascando co acantilado.

Chuzame! chúzame -

Contacto No comments yet

Se nos queres contactar para que publiquemos algunha foto ou vídeo, ou simplemente para calquera dúbida que teñas, pódesnos enviar un e-mail á seguinte dirección:

 parapenteferrol at yahoo.es Chuzame! chúzame -

Primeiras fotos para o blog, cortesía de Marcos No comments yet

Éstas son as primeiras fotos que vamos a incorporar, acábamas de enviar Marcos e son dunha serie que máis adiante él mesmo ampliará... cando teña máis tempo e teña dominado o sistema. Ahí as van:

Diego despegando de San Cristóbal, na entrada da ría, coa súa anterior vela: Ozone Atom 2, un velón...

Creo que se trata de Javier Villalba y Diego volando en Ponzos.

e por último, Marcos coa súa nova adquisición, unha vela de Sol que pese á súa "cromática" voa moi ben. Esto último que quede entre nós, porque si se entera Marcos do que acabo de dicir vai pasar a semana enteira falando do ben que voa a súa vela... ;-)

Chuzame! chúzame -