Parapente en Ferrol (Galicia) » Page 'As Pontes xa queda máis preto…'

As Pontes xa queda máis preto…

O pasado domingo día 25 Ponzos agasallounos con un deses días os que hai que darlle un 10... 10 sobre 10.

Dende o venres estaba agardando ese día, xa as previsións amosaban a posibilidade de boas ascendencias (cola de frente) e do contrario teríamos ladeira. Contaba eu con voar en Esmelle, polo módulo e dirección que presentaba a previsión, pola mañá e pasar logo a Ponzos cando se puxera máis oeste e baixara a intensidade, e coa posibilidade de facer cross. Nembargantes xa amaneceu bastante noroeste así que alí nos presentamos ben cediño Javier Escobar e mais eu... os dous estabamos a seguir a predicción e sen falar entre nós alí andabamos, Javier no despegue superior e eu na praia disposto a enganchar altura desde abaixo.

Quedamos en agardar cada un no seu sitio e o que primeiro vira posibilidade de voar que o comunicara... ó cabo dun ratiño xa albisquei eu a posibilidade de despegar, e fixen a primeira tentativa. Vendo que xa empezaba a cousa a poñerse interesante aterrei para chamar a Javier e para cambiar os guantes (o último día que voara pasara frío e levaba uns máis grosos, pero resultábanme incómodos e decidín voltar ó malo coñecido, algo que máis tarde lamentaria), pero xa Javier, nada máis ver dende arriba a miña vela desplegarse, colleu o coche e baixou a toda presa, pois tiña que marchar traballar ó mediodía.

Foi chegando máis xente: Javier Villalba e Isabel. E comenzamos a voar co vento moi cruzado... eu estiven tentando coller altura no cortado antes de pasarme ó acantilado e divertíndome rascando o estabilo, pero Javier Escobar nada máis despegar iniciou as "hostilidades" ;-) pasándose ó acantilado directamente co vento en cola e demostrando un gran coñecemento da zona. De segida o seguín e comenzamos a subir a unha voa velocidade debido as ascendencias provocadas no acantilado polo forte vento que había... os borregos no mar non engañan e comezabas a quedar enchinchetado ó gañar altura.

Tendo en conta a previsión, sabía que o vento tendía a baixar así que fun ascendendo ata poñerme sobre o monte e indo pola ladeira hacia o sur, sobre as casas e chegando ó val de Cobas, case sen ter que usar o acelerador, pero en todo momento moi despacio, e por momentos voando hacia atrás.

Durante este tempo seguiu chegando xente: Xerardo, Miguel, Javier Torrón e Jesús de Lugo, pero despegar desde abaixo estaba complicado e só Javier e máis eu seguimos a voar. Javier Torrón fixo un par de intentos pero acabou na praia e tiveron que agardar a que baixara o vento para despegar dende o despegue superior, no que a orientación era ideal pero bastante forte de intensidade. Eu xa no aire seguía a voar cando Javier aterrou polas obligacións laborais que o apremiaban, pero non conseguía ascender por riba dos 400 metros... era como si houbera unha tapa que non puidera sobrepasar... as ascendencias levábanme ata esa altura a boa velocidade pero ó chegar ós 400 m acabábanse, qué frustración.

Ós 400 m xa se notaba o frío, non só polo descenso de un grado por cada 100 m gañados, senón pola velocidade do vento, e xa empecei a lamentar o cambio de guantes.

As condicions de vento no despegue superior melloraban e Javier Torrón e Jesús subiron, Jesús despegou e quedamos a facer ladeira medio enchinchetados, eu xa levaba un bon rato e comezaba a aburrirme de ser chincheta, pola miña cabeza empezaba a pasar a idea de aterrar cando...

¿Quén dixo que en Ponzos non hai térmicas? ¿Ou e que non se consideran térmicas as que forman as nubes que corren hacia atrás dende Ponzos?. Jesús bastante máis adiante da ladeira comezou a ascender rápidamente e eu prepareime preto da ladeira... ésta vai ser boa!! agora sí que vou subir dos 400 m!!.

Preguntei ós de abaixo se alguén me iría a buscar si me tiraba hacia atrás e de seguida Xerardo me dixo que sí... nese momento comecei a ascender e cheguei ós 500 m aprox pero como me pareceu que a térmica era ampla e boa decidín seguila hacia o sotavento, sabendo que si a perdía o máis seguro sería que non puidera voltar á ladeira, pero como pasaba sobre o camiño seguín tranquilo, pois tiña posibilidades de aterrar... no segundo xiro PUFF a térmica desaparece e comezo a buscala polo sitio que cría que podía ir, o vento creo que me levou por diante pois seguía moi forte, e comezo a barallar a posibilidade de ter que aterrar no camiño máis en serio. Xerardo nese momento dime que ten que ir á casa a buscar un casco para Miguel e que si quero que tente facer distancia... - Xa estou de camiño - contesto e sigo coa búsqueda. Un par de veces cruzo a térmica pero non consigo centrala, debe estar moi tumbada polo vento, ata que á fin localizo o centro... non resulta difícil, nin sequera tería precisado o vario... un claro amago de plegada me indica a forte ascendencia dun lado, volto a por ela e comezo a ascender moi rápido. Comezo os xiros e xa comezo a intuir que non vai ser o tranquilo voo laminar de ladeira que ata o de agora estaba a facer.

O voo continúa cun continuo xogo do rato e o gato coas térmicas, pasando rápidamente de descendencias a fortes ascendencias dun modo moi brusco. Procuro voar vento en cola ata a seguinte térmica mentres busco e xa me vexo sobre o polígono no que aterrei da outra vez, pero perdendo rápidamente altura, non me preocupa xa que hai moitísimo espacio para aterrar, pero...

Perdo altura moi rápido e comezo a experimentar fortes hachazos da vela que me adelanta e se retrasa continuamente, pérdas de presión e movementos hacia todos lados... debo estar no sotavento do monte. Aínda que estou lonxe o vento é moi forte e a influencia do monte exténdese ata onde me atopo. Trato de controlar a vela mantendo o voo o máis recto posible para alonxarme do monte todo o que poida ata que unha forte ascendencia me retrasa a vela e me lanza a +4 m/s hacia arriba... ata me temblaron as orellas.

A térmica é moi forte e estreita e xirala resúltame moi complicado, metendo un lado na térmica e co outro fóra, os balanceos e movementos da vela son impresionantes.

É neste momento cando decido tentar chegar ó Coto de Ancos... ata agora con chegar ó polígono do pozo xa tiña bastante pero teño boa altura e Xerardo anímame dende a radio.

Estou a pasar as pistas de atletismo de Narón, e sigo ascendendo, con térmicas estreitas e fortes, pero agora xa non penso tanto nos movementos da vela, aínda que son máis fortes, e continuos os amagos de plegada, pero a Ozone Rush mantén a forma e só un par de veces tentou meter un pouquiño o estabilo, e agora estou máis concentrado en buscar alternativas de aterraxe por si acaso e calculando se poderei chegar ó coto de Ancos... pois CLARO QUE SÍ, estou altísimo e sigo a subir. Xerardo segue animándome e dándome consellos pola emisora e comezo a mirar o vario e ás nubes que se están a formar sobre a miña cabeza. Xa non me fan tanta gracia.

Grandes desarrollos que eu só pode vislumbrar pola oscuridade da base e polas ascendencias que xa acadan os +5 m/s... trato de escapar do centro da calle de nubes buscando "a tranquilidade dos +5", non quero experimentar as ascendencias do centro...

Xa levo máis de dúas horas e media no aire e case non noto os dedos das mans, lamento profundamente o cambio de guantes e miro o vario, estou a 700 m e o frío e considerable, máis que o frío a sensación térmica... sego a ascender e estou chegando ó coto de Ancos... vouno a pasar a 800 metros así que non ten sentido buscar o apoio da ladeira.

Os eólicos do monte das Louseiras son o seguinte punto, e as chemineas de AS Pontes de García Rodríguez levántanse por detrás... dúas calles de nubes pasan a cada lado nesa dirección.

¡Cántas veces lle teño oído dicir a Xerardo as ganas que tiña de facer ese voo! Durante todo o tempo iba pensando no que nos contaba que tiña pensado facer e ía repetíndoo, mentras él pola emisora tamén mo repetía, seguro que de non ser por todo iso non se me tería pasado pola cabeza tirarme a polo monte das Louseiras e tería aterrado no coto de Ancos.

Agora estaba lamentando non ter ido nunca a voar ás Louseiras, un voo no interior de noroeste, pero cun mal acceso... que ben me viría agora coñecer mellor a zona.

Vou perdendo rápidamente altura e estou xa na ladeira cos eólicos xirando por detrás, metido en continuas descendencias e buscando o alivio da ladeira, pero non o atopo... as calles de nubes van polos laterais, e suporían as ascendencias que preciso, pero a costa dunhos meneos que non sei se estou disposto a "disfrutar".

Non penetro así que descarto as aterraxes que vexo ó pe do monte, pois unha arboreda antes deles sería o punto no que creo máis fácil rematar.

Á miña esquerda vexo unha calle de nubes potente, pero por baixo só vexo árboles, e nada de aterraxes... á miña dereita, unha calle de nubes consistente pero non tan potente e, albricias, unha serie de pequenos campos en pendiente, rodeados de eucaliptos e tendidos eléctricos que a min se me antoxan os mellores aterraxes do mundo, e que están por detrás de min, co que resultaría fácil chegar ata eles, pero a costa de pasar un fondo val, co seu vénturi e aperda de altura correspondente.

As Pontes está detrás, se collo altura, cecáis poida chegar... só me separa unha zoa chá e logo hai baixada e campos de aterraxe... conozco a zona.

Opto polo seguro... os prados, o venturi, a calle menos potente... e as descendencias comezan.

Aterro sen sobresaltos nun campiño con costa, ó lado da autovía e da carretera vella de Pontes, ante a sorpresa dun rapaz que logo me dará as indicacións para que Xerardo me atope e me leve de volta, pero antes voto unha ollada hacia atrás, antes de que a cheminea da central térmica das Pontes se perda de vista tralos eucaliptos que rodean o campo, esbozo unha sonrisa e penso:

As Pontes xa queda máis preto...


Non me pesa a elección fácil... a dos campos e esquivando as fortes ascendencias... xa haberá máis oportunidades para aterrar nas Pontes, ou máis aló, e espero que a próxima vez non sexa en solitario e poidamos contar esta historia entre varios porque Ponzos vai seguir agasallándonos con días 10 como o do Domingo.

:-D :-D :-D

Pero o día non rematara, tras as case tres horas de voo, a falta de sensibilidade nos dedos, 19 km en liña recta, que a min se me antoxaban moitos máis ;-) , 55 kms de voo, 800 metros de altura máxima, velocidades en tramos que rondaban, co vento en cola, os 60km/h, aínda estaba o vento a baixar, pero mantendo o voo laminar e as suaves ascendencias na ladeira de Ponzos.

Todos comenzaron a despegar mentras nós (Xerardo, Miguel e máis eu) pasábamos por casa de Xerardo a buscar un casco e unhas "orellas", que estaban boísimas e sabían a gloria.

A tarde apenas comenzara e a previsión estábase a cumplir cun rápido descenso da velocidade do vento pero manténdose na marxe ideal de voo. Javier Villalba, Javier Torrón, Jesús, Damián e máis eu desfrutamos de voos suaves con aterraxe arriba, mentres Xerardo quedaba na praia facendo "saltos de galiña" con Miguel, e xa cando o sol comezaba a descender, Miguel fixo...

OS SEUS DOUS PRIMEIROS SALTOS DE ALTURA.

NORABOA!!! :-D

XA TEMOS OUTRO PARAPENTISTA POR FERROL!!!

En breve... botella de champán para celebralo e vídeo conmemorativo do voo neste blog.

Rematamos o día tomando uns chocolates quentiños, (bueno non era chocolate, pero como non nos patrocina a coñecida marca de cacao, pois non digo a marca) que o frío foi moito...

Pois nada máis... só quedaba facer reconto cos demáis do día e chamar a Marcos por teléfono para chinchalo ;-) contándolle o ben que se voara, o moito que voamos todos, cantísima altura colléramos... vamos, o típico para poñerlle os dentes largos, que o pobre tiña que estar en Santiago e como moi ben dixo él mesmo:

- ¿¿Qué pasa eu son a avestruz??... ¿¿a única ave que non voa??

Pois sí... porque Miguel xa anda tamén polos aires.

Noraboa outra vez a Miguel e recorda que "unha vez que teñas estado no ceo só o mirarás desexando voltar".

Síntoo, Miguel, pero xa estás enganchado... ;-) :-D :-D :-D

Base de datos de voos Leonardo

Chuzame! chúzame -
Like this post? Spread the word!
delicious digg google
stumbleupon technorati Yahoo!

One comment to “As Pontes xa queda máis preto…”

  1. Hola! Me llamó Cristina. Trabajo en EL Progreso y me gustaría hablar contigo para hacer un reportaje sobre el parapente. Si te interesa ponte en contacto conmigo. Gracias.

Leave a comment

XHTML - You can use:<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)