Parapente en Ferrol (Galicia) » Page 'Concentración'

Concentración

O martes en Ponzos houbo momentos de moito vento. Estaba listo para despegar, esperando un ciclo máis baixo. Javi Torrón me leía en alto as lecturas do anemómetro: 31, 35, 39, 35, 28... a vela se enredaba sobre sí mesma, pero como xa a preinflara antes non lle din importancia.

Cando sentín o momento, levantei a miña vela sol, e descubrín unha ramiña que aprisionaba varios cordinos, desde as A hasta as C, cerca do intradós. Dinlle un tirón aos cordinos exteriore B e C e en vez de mellorar a situación, empeorou, porque con esa maniobra perdín terreo e me acheguei á parte superior do despegue. A vela me levantou e tiraba hacia atrás e a dereita.

Por falta de concentración, reaccionei mal e din un par de tirons ao freno. Xa estaba no aire e desplazándome cara atrás e a dereita. Cerca do sotavento e co acelerador casi a tope non conseguía penetrar, e a vela seguía derivándome hacia a dereita. Dende abaixo me dicen que non estaba moi liada, pero a sensación miña era outra. De feito despois de aterrar, a rama seguía ben enredada.

Tentei derivar hacia o mar, e parecía que podría pasar por riba do despegue nordés, pero unha descendencia meteume no rotor. Tiven algunhas plegadas, nada violentas, pero que me facían baixar máis do debido. Din volta e en cola me separei do despegue, moi por debaixo do mesmo. Localicei un prado, orellas e oitos cerrados, a aterrei sen problema...Menos mal.

Os consellos de Xerardo durante todo o rato me tranquilizaron moito. Me falaba con tono reposado. Pena que non entendín rápido que me pedía que me fora en cola ao monte de atrás. Por eso tuven que apañar as plegadas.

Miñas conclusións:

1-Nun despegue con vento forte, non podo relaxarme a esperar o momento de levantar, senón o que facer despois . (Se tirara a vela abaixo en vez de conear coa rama non pasaría nada, quizais unha cuada)

2- A campa é fundamental. A ela débolle que as plegadas non foran un problema e a que me fora posible aterrar nun campo en pendiente con orellas e casi en rotor.

3- Asumo o meu erro, me preocupa e o terei presente.

Por certo Diego, no seguinte descenso que fixen, a frenos libres a Advance epsilon 5 e miña Ellus 2 iban a misma velocidade. Cada cousa no seu sitio.

Chuzame! chúzame -
Like this post? Spread the word!
delicious digg google
stumbleupon technorati Yahoo!

One comment to “Concentración”

  1. O importante é que todo quedou só nun susto, por sorte non hai que lamentar ningún accidente e de todo se aprende.
    Durante o voo só te vin despegar e inmediatamente deixei de verte tralo monte, porque estaba moi baixo… ademáis, só oía as indicacións de Xerardo pola emisora e a ti non te oía, aínda que pola conversación intuíase que estabas contestando.
    Despois xa me dixo Javier Villalba que xa aterraras e que estabas ben, co que quedei máis tranquilo…
    En canto o da vela… unha Advance non é unha Ozone… ;-) jajaja
    Fóra bromas, alégrome de que só quedara nun susto e… O SAT XA ANDA Ó CAER, ACRÓBATA… :-)

Leave a comment

XHTML - You can use:<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Top of page / Subscribe to new Entries (RSS)